| has gloss | glg: A Xurisprudencia é a doutrina uniforme dos Tribunais expresada co gallo da resolución dos asuntos sometidos á súa xurisdición respecto dunha cuestión xurídica sometida a interpretación. Enténdese que existe xurisprudencia, no caso de España, cando se producen dúas ou máis resolucións xudiciais consontes e unánimes respecto da cuestión litixiosa. Máis rigorosamente, constitúe xurisprudencia soamente aquela doutrina emanada do Tribunal Supremo, se ben cando se trata de Tribunais inferiores xerarquicamente, adóitase chamar xurisprudencia menor. |